Quen sómos?

A Barca de Ramón

Atopámonos na parroquia de Alto de Xestoso, un lugar chamado Rebordochao no Concello de Monfero Imos facer unha pequena homenaxe aos nosos avós enfocando a empresa de turismo activo o que eles iniciasen hai moitos anos, xa que tiñan unha barca que lles servía como “medio de unión” entre a nosa aldea e a de Bermui (pertencente ao concello de As Pontes) as cales estaban separadas polo río Eume. De aí vén o nome da nosa empresa KAIAK A BARCA DE RAMÓN.

Na actualidade ambos os concellos pertencen ao parque natural das Fragas do eume e para que se sigan conservando no seu estado natural queremos desenvolver a actividade con grupos moi reducidos.

Poderedes pasar un bo intre navegando e gozando dunha paisaxe de natureza pura.

Unha boa forma de desconectar e sentirte libre.

Imprescindible reserva previa
Contacta connosco.

ALUGUER DE KAIAKS · FRAGAS DO EUME

CONTACTO